QUINCE GOTAS E KIRENIA MARTÍNEZ. EXPRESIÓN CORPORAL

Mañán arranca o FESTIVAL DE DANZA NA RÚA DA CORUÑA QUINCE GOTAS, un encontro cultural no que a danza emerxe en concorridos espazos públicos da Coruña coa súa particular fugacidade, incorporando a choiva como un atributo definido e non un impedimento. Kirenia C. Martínez Acosta, quen impartirá o CURSO DE EXPRESIÓN CORPORAL PARA ACTORES os vindeiros días 12, 13, 19 e 20 de novembro na Tuerka, forma parte desta primeira edición dun proxecto ao que lle desexamos a mellor das sortes.
Podedes consultar toda a info sobre o curso de Kirenia aquí

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *